INTRODUCCIÓN á ASTRONOMÍA de POSICIÓN
Seminario Permanente do IES de Porto do Son, IES Campo de S.Alberto e IES Ramón Cabanillas 
Instrumentos de Medición

Construcción dun Reloxo de Sol
 
    Unha das máis antiguas formas de medi-lo tempo foi analizar as revolucións periódicas do Sol “arredor” da Terra. A construcción dos primeiros reloxos de Sol contribuiu á sistematización das observacións. Hai diferentes tipos de reloxos de Sol, entre os que destaca o Cadrante Ecuatorial.
    Tendo en conta que o Sol na súa revolución diurna “en torno” á Terra tarda cerca das 24 horas en cada hora recorre aproximadamente 15º de círculo (360º / 24 = 15º); é dicir, cada hora a sombra do estilete do noso reloxo avanza uns 15º. Por tanto, imos debuxa-las diferentes liñas horarias separadas entre sí 15º.

Modificado de BROMAN
    Podemos realiza-lo noso reloxo usando contrachapado fino ou incluso cartón, ou calquera material que se considere oportuno pero que non sexa excesivamente groso.
    Para levar a cabo a súa construcción con éxito é necesario coñece-la latitude do lugar de observación e construir dunha forma axeitada o estilete que nos vai indica-lo transcurso do tempo. Para elo imos emprega-las seguintes relacións matemáticas:
Modificado de BROMAN
 
    Lado AS = 1/ [sen l cos l
    Lado AN = 1/ [cos l
    Lado NS = 1/ [sen l]
 

    A dimensión do instrumento pode ser calquera e tendo en conta que as lonxitudes dos lados do estilete están referidas á unidade non temos máis que multiplicar polo valor do radio que queiramos establecer para o cadrante cada un dos mencionados lados. É dicir, si queremos construir un cadrante de 20 centímetros de radio o valor da liña Norte-Sur (N-S), por exemplo, será:
 
 
    Lado N-S = (1/seno da Latitude do lugar) x 20
 
 
    Do mesmo xeito procederiamos a calcula-los outros lados do estilete. Por suposto é necesario coñece-la la latitude do lugar, a cal podemos averiguar a partir, por exemplo, dos mapas topográficos da zona.
 


 TELESCOPIOS ÍNDICE CÁLCULO da LATITUDE do LUGAR de OBSERVACIÓN